![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEill-gFJV0JeQLFnVbY7qNVnd5wgMct-7SI3oK36CpzZtqRqJVi446poiHXXGcJqEag7oJk-V5EfAfCehUneLogNum-W90QaKWs6vHDG5KQQCRmHaDffbUpvC7uBia3hy3Dz1I0ehrCKC0_/s320/Carballo.jpg)
Nome científico: Quercus Robur L.
Nome común: Carballo
Descrición: Árbore autóctona, de folla caduca, con flores, anxiosperma e que pode pasar de corenta metros de altura. Tronco dereito. Corteza gretada, grosa e de cor parda. Copa globosa.
Foto feita por Isabel en Senra.
Follas: Alongadas, con borde ondulado e de cor verde escura.
Flores: Unisexuais, flor feminina e flor masculina. Florece entre abril e maio. A polinización é polo vento.
Froito: O seu froito é a landra.
Semente: Rica en amidón. Madura en setembro.
Orixe: Esta árbore é orixinaria de Europa, Asia e do Norte de África.
Habita en bosques caducifolios. É a árbore máis típica do país aínda que cada vez hai menos. É abundante no norte e no oeste de Galicia.
Aplicacións: A súa madeira é moi utilizada na construción naval. A súa cortiza utilízana para curtir pieles. As landras sérvenlle de alimento aos porcos e aos xabaríns.
Traballo realizado por Isabel e Rodrigo
3 comentarios:
A min tamén me gusta moito o carballo, eu teño un moi grande na entrada da miña casa, agora está sen follas, o outro día estivemos limpando moitas das que tirou e estaban no solo.
Espero seguir en contacto con vós, faime moita ilusión.
ola son Paula e a min tamen me gusta o teu traballo sobre o carballo.Paréceme unha árbore moi grande e bonita.Paula de 5ºC.
eu fixen no Facebook un grupo e unha páxina adicado a el O CARBALLO, (Quercus Róbur).
Publicar un comentario