viernes, 22 de enero de 2010

As árbores máis altas da terra

Ola, son María, teño 10 anos e estudo 5º de primaria, igualiño que vos. A vosa profe Inés, invitoume a compartir con vós este blog, e faime moita ilusión contarvos cousas do noso mundo que eu estou aprendendo.
Hoxe vouvos falar das árbores máis altas do mundo: as sequoias. Este foi un traballo que fixen para o cole, espero que vos guste e que poidamos seguir compartindo cousas entre todos.
Nome científico: Sequoia sempervirens
Nome vulgar: secuoia, leño vermello de California.
O seu nome foi adicado a Sequoiah, da dos Cheroquee, que inventou un alfabeto para o dialecto da súa tribu.
Descripción : Árbore perenne, moi robusto, que pode acadar ata 100 m.de altura.O seu tronco e moi groso, a cortiza de cor vermella con fondas estrías que se desprenden en placas. Follas aciculares, ríxidas e de cor verde oscuro polo haz e algo blanquecinas no envés. Foi introducida en Europa en 1843. En Galicia hai unha moi grande no castelo de Soutomaior en Pontevedra.
A súa apariencia e o seu aire de misterio foron aproveitados polo cine en películas como "El retorno del Jedi" ou para os escenarios prehistoricos de "Parque Jurásico"

A sequoia da foto ten ata nome, chámase Founder's tree e está no parque Humboldt de California, mide 108 metros de altura e case 4 m. de diámetro

4 comentarios:

alumnado dijo...

ola,chámome Pablo, teño 10 anos e estou moi contento por compartir o blog contigo . Pareceume moi interasante o teu traballo e o video foi moi chulo.

alumnado dijo...

Ola, son Rubén, teño 10 anos,gustoume o teu post da secuoia, é moi grande e pareceume moi divertido o vídeo

alumnado dijo...

Ola, son Andrea, gustoume moito o teu traballo, grazas por compartilo con nós, e o vídeo é moi chulo!

alumnado dijo...

Ola,son Paula,teño 11 anos e gustoume moito o teu traballo.O que máis me gustou foi o vídeo.
Espero que publiques moitos traballos máis.
Paula de 5ºC.

Publicar un comentario