lunes, 17 de enero de 2011

Oso Polar




Nome científico: Ursus Maritimus.


O oso polar é o maior cazador do Ártico. El só percorre distancias moi longas cada día buscando focas para comer. Tamén caza peixes coas súas afiadas gadoupas. Os osos polares pasan a maior parte do tempo sobre as placas de xeo.

Son excelentes nadadores e poden pasar moitas horas na auga xeada. A súa pel graxenta e a súa capa de graxa mantenos quentes.


Coa falta de alimentos, os osos polares poden entrar nos vertedoiros e poden envelenarse ou ferirse.


As nais só dan a luz a un ou dous oseznos. Os oseznos polares nacen nunha oseira cálida e cómoda que a súa nai cava na neve e axiña superan os case 30 cm que miden ao nacer e os 700 g de peso coa axuda do leite rico en graxa da nai. Os machos adultos poden pesar entre 400 e 600 kg. O tempo de xestación dura entre 6, 5 ou 9 meses. Alcanzan a madurez sexual entre os 3 e 8 anos.


Habita no Océano Polar Ártico e as costas boreales e mares cubertos no borde sur da banquisa permanente.

Fontes informativas:
rie.cl http://www.rie.cl/?a=29644&sel=5
HYNES, Margaret: “Terras Polares”. Edit. Bahía edicións .

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustoume moito este traballo sobre o oso polar. Noraboa e moitos bicos

Anónimo dijo...

Oh, que traballo tan interesante encantame e moi creativo, moitas felicidades o seu autor.

Anónimo dijo...

Este traballo e moi interesante gustame moito xa o lin varias veces felicidades o seu autor/a

Publicar un comentario