lunes, 5 de diciembre de 2011

O Volcán Irazú

Estas fotos fixéronas os papás de Iván en Costa Rica cando foron de viaxe. Son do volcán Irazú en Costa Rica, América Central.



Iván e Miguel.

jueves, 1 de diciembre de 2011

Volcáns

Invítovos a que vexades estes vídeos sobre o volcán da Restinga que collín de Youtuve. Tedes tamén uns enlaces que poden ser interesantes na columna dereita do blog, podedes botarlles unha ollada.

sábado, 22 de enero de 2011

O Cabalo

Esta é unha presentación feita por Martín Vispalia de 6º curso

lunes, 17 de enero de 2011

Oso Polar




Nome científico: Ursus Maritimus.


O oso polar é o maior cazador do Ártico. El só percorre distancias moi longas cada día buscando focas para comer. Tamén caza peixes coas súas afiadas gadoupas. Os osos polares pasan a maior parte do tempo sobre as placas de xeo.

Son excelentes nadadores e poden pasar moitas horas na auga xeada. A súa pel graxenta e a súa capa de graxa mantenos quentes.


Coa falta de alimentos, os osos polares poden entrar nos vertedoiros e poden envelenarse ou ferirse.


As nais só dan a luz a un ou dous oseznos. Os oseznos polares nacen nunha oseira cálida e cómoda que a súa nai cava na neve e axiña superan os case 30 cm que miden ao nacer e os 700 g de peso coa axuda do leite rico en graxa da nai. Os machos adultos poden pesar entre 400 e 600 kg. O tempo de xestación dura entre 6, 5 ou 9 meses. Alcanzan a madurez sexual entre os 3 e 8 anos.


Habita no Océano Polar Ártico e as costas boreales e mares cubertos no borde sur da banquisa permanente.

Fontes informativas:
rie.cl http://www.rie.cl/?a=29644&sel=5
HYNES, Margaret: “Terras Polares”. Edit. Bahía edicións .

martes, 4 de enero de 2011

Titi emperador


Nome: Titi emperador (chamado así polo seu parecido co emperador alemán Guillermo II)
Nome científico: Saguinus imperator.
Clase: Mamífero.
Orden: Primates.
Familia: Callitrichidae.
Dimensión: Mide 18-21cm e ten unha cola que alcanza os 25-32cm. Pesa entre 300 e 500 g.
Alimentación: Froitos, brotes tenros, insectos, arañas, pequenos invertebrados e ovos.
Xestación: 5 meses.



Crías: 1 ou 2.
Distribución: Oeste de Brasil, este de Perú, norte de Bolivia.
Hábitat: Bosque de terras baixas.
Características: É un animal activo, que se move rapidamente polas ramas en busca de alimentos.




Fonte de información: Selwo aventura, enciclopedia "Los secretos de la naturaleza"
Friki sama.