miércoles, 10 de febrero de 2010

DESERTO DO SÁHARA

Descripción: ocupa casi 9000000 quilómetros cadrados e exténdese ao largo de dez países.
O seu 70% está formado por grava e rochas soltas.

Localización: atópase no norte de África, e, xunto co australiano, é o deserto máis grande do mundo.

Medio físico: o terreo é areento no que só se ven dunas de area.

Seres vivos:
Pola escasez da auga o Sahara está casi privado de vexetación. As plantas están adaptadas ao medio ambiente para reducir a evaporación e aumentar a absorción da auga.
Podemos encontrar algúns arbustos como os cactos e os cardóns .
Os cactos son as plantas típicas do deserto, almacenan auga nos talos e teñen as follas reducidas a espiñas, co que ao mesmo tempo evitan a perda da auga e están protexidos.
Os cardóns son arbustos parecidos aos cactos pero algúns botan flores.

Os animais tamén están adaptados a escasez da auga.
Algúns animais do deserto do Sahara son o dromedario,a serpe, o fenec , o escarabello peloteiro e o escorpión.
Os dromedarios son animais que poden pasar varios dias sen beber. Usan a graxa das súas chepas como reserva de auga.
As serpes desarrollan as súas actividades ao solpor para evitar as altas temperaturas.
O fenec é un raposo do deserto. As súas grandes orellas son un efectivo mecanismo de reflixeración.
O escarabello peloteiro arrastra bolas de excrementos sobre a area. Fainas rodar empuxándoas coas súas patas traseiras e as leva ata a súa guarida. A femia deixa un ovo na gran bola .


1 comentarios:

alumnado dijo...

ola, son paula .O traballo sobre o deserto do sáhara está ben pero o que mais me gustou foron os vídeos.
Paula de 5ºC

Publicar un comentario