jueves, 25 de febrero de 2010

Castiñeiro


Nome científico: Castanea Vulgaris

Nome común: castiñeiro,castañeiro,castaño.

Descrición:
Árbore de ata uns 30 m.Tronco groso e dereito. Cortiza cincenta-pardusca. Copa alta, esférica moi ramosa e densa.

Follas: Simples e aserradas.

Flores: É unha árbore anxiosperma, con flores unisexuais.
As masculinas son alongadas con 8-12 estames. As femininas reunidas en grupos de tres situadas ao pé das masculinas.


Floración: florece en maio e xuño. A polinización é entomógama.

Froito: é a castaña que se agrupa de 1 a 3 en ourizos provistos de espiñas moi punzantes. Madura entre setembro e outubro. Durante moito tempo foron moi importantes na alimentación dos galegos ata que chegou a pataca de América.

Hábita
t: habita en lugares frescos de bosques caducifolios, sobre solos lixeiros e profundos con substracto silíceo.
Podemos atopala por toda Galicia, pero é máis abundante na parte oriental.
Especie: especie leñosa moi importante.

Utilidad: utilízase en medicina, contra a diarrea, en infusions, é util contra as infeccións da gorxa e a tose. A cortiza contén un colorante coa que se prepara un tinte negro. Pero, sobre todo, a castaña cómese asada. crúa ou cocida; nos magostos está riquísima e é un bo motivo para argallar festas por todo o país ao longo dos meses de outono e sanmartiño.

3 comentarios:

alumnado dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
alumnado dijo...

Doubos os meus paraben Magdalena e Rodrigo, o trabballo que fixestes sobre o carballo gustoume moito ,espero poder ver máis
Sheila 5ºC

Anónimo dijo...

Ola, son Rodrigo e gustoume moito o teu traballo sobre as plantas

Publicar un comentario