jueves, 25 de febrero de 2010

A Fervenza de Dombodam

Estas fotos son dunha fervenza que hai cerca da casa dos meus avós. Pertence o concello de Arzúa e está nun lugar chamado Dombodan. Espero que vos gusten as fotos . Neste noso mundo hai cousas moi bonitas.
Miña nai estame a ensinar como poñelas en algúns programas na rede, estas quedaron chulas ¿non si?

Castiñeiro


Nome científico: Castanea Vulgaris

Nome común: castiñeiro,castañeiro,castaño.

Descrición:
Árbore de ata uns 30 m.Tronco groso e dereito. Cortiza cincenta-pardusca. Copa alta, esférica moi ramosa e densa.

Follas: Simples e aserradas.

Flores: É unha árbore anxiosperma, con flores unisexuais.
As masculinas son alongadas con 8-12 estames. As femininas reunidas en grupos de tres situadas ao pé das masculinas.


Floración: florece en maio e xuño. A polinización é entomógama.

Froito: é a castaña que se agrupa de 1 a 3 en ourizos provistos de espiñas moi punzantes. Madura entre setembro e outubro. Durante moito tempo foron moi importantes na alimentación dos galegos ata que chegou a pataca de América.

Hábita
t: habita en lugares frescos de bosques caducifolios, sobre solos lixeiros e profundos con substracto silíceo.
Podemos atopala por toda Galicia, pero é máis abundante na parte oriental.
Especie: especie leñosa moi importante.

Utilidad: utilízase en medicina, contra a diarrea, en infusions, é util contra as infeccións da gorxa e a tose. A cortiza contén un colorante coa que se prepara un tinte negro. Pero, sobre todo, a castaña cómese asada. crúa ou cocida; nos magostos está riquísima e é un bo motivo para argallar festas por todo o país ao longo dos meses de outono e sanmartiño.

jueves, 18 de febrero de 2010

Fieito ou helecho:


Nome científico: Asplenium.

Nome común: Fieitos ou Helechos.

Descripción:Son plantas sen flores.Tampouco teñen sementes nin froitos.Estas plantas reproducense mediante esporas.


Follas:Son moi grandes. Chámanse frontes e adoitan ser compostas.

Esporas: As esporas son unhas células especiais que poden dar orixe a novas plantas.As esporas dos fieitos formanse na parte traseira das follas nunhas zonas escuras chamadas soros.


Hábitat:Habitan en lugares húmidos e con pouca luz.

Aproveitamento:Tradicionalmente usábase para chamuscar os porcos e para instribuílo nas cortes.

lunes, 15 de febrero de 2010

Auga e xeo

Ola, de novo con vós. Eu xa estou dando o tema da materia, é moi difícil, ou a min parécemo, neste tema falamos dos diferentes estados (sólido, líquido e gasoso). Por iso pensei que tal vez vos gustaría ver este vídeo onde aparece a auga nos diferentes estados. E de paso recórdovos os diferentes pasos para acadar os estados:
  • De sólido a líquido o proceso chámase FUSIÓN.
  • De líquido a gas o proceso chámase EVAPORACIÓN.
  • De gas a líquido o proceso chámase CONDENSACIÓN.
  • De líquido a sólido o proceso é SOLIDIFICACIÓN.
Bueno déixovos co vídeo onde ides ver todo isto do que estou a falar.
Ata pronto. Cando cheguedes a este tema decídeme si vos resulta tan difícil como a min.

miércoles, 10 de febrero de 2010

DESERTO DO SÁHARA

Descripción: ocupa casi 9000000 quilómetros cadrados e exténdese ao largo de dez países.
O seu 70% está formado por grava e rochas soltas.

Localización: atópase no norte de África, e, xunto co australiano, é o deserto máis grande do mundo.

Medio físico: o terreo é areento no que só se ven dunas de area.

Seres vivos:
Pola escasez da auga o Sahara está casi privado de vexetación. As plantas están adaptadas ao medio ambiente para reducir a evaporación e aumentar a absorción da auga.
Podemos encontrar algúns arbustos como os cactos e os cardóns .
Os cactos son as plantas típicas do deserto, almacenan auga nos talos e teñen as follas reducidas a espiñas, co que ao mesmo tempo evitan a perda da auga e están protexidos.
Os cardóns son arbustos parecidos aos cactos pero algúns botan flores.

Os animais tamén están adaptados a escasez da auga.
Algúns animais do deserto do Sahara son o dromedario,a serpe, o fenec , o escarabello peloteiro e o escorpión.
Os dromedarios son animais que poden pasar varios dias sen beber. Usan a graxa das súas chepas como reserva de auga.
As serpes desarrollan as súas actividades ao solpor para evitar as altas temperaturas.
O fenec é un raposo do deserto. As súas grandes orellas son un efectivo mecanismo de reflixeración.
O escarabello peloteiro arrastra bolas de excrementos sobre a area. Fainas rodar empuxándoas coas súas patas traseiras e as leva ata a súa guarida. A femia deixa un ovo na gran bola .


TUNDRA


Titulo+descripción:Tundra é unha formación vexetal composta de fungos e liques algunhas gramineas e arbustos enanos propios de climas frios y com poucas precipitacións.

Localizacion:Comprende as areas situadas arredor dos 70 de latitude (ainda dentro do circulo polar)esta limitado ao hemisferio Norte.

Medio físico:E un deserto por que case non chove.

Seres vivos:Hai brións, liques, herbas,salgueiros,renos,lebre e moitos mais...

Problemas:O quencemento e moi grabe por que se quece o xeo aumenta a auga.

Solucióm:Non producir lume non tirar lixo...

Biografia:Ten moitos arbustos e liques,salgueiros e tamén ten 200 especies de plantas.

jueves, 4 de febrero de 2010

A selva amazónica


Localización: Encontrase en América central e do Sur, África central, Malasia e Indonesia.

Medio físico:As selvas tropicales caracterízanse por esta
r en zonas cun clima que nunca cambia, 25 ºC e moi húmido, con abundantes precipitacións de hasta 4500 mm por ano.

Seres vivos:
Productores: O manglar é unha árbore que medra sobre a agua. As raíces fúndense na auga e sosteñen plantas.
Consumidores: Os monos viven en partes altas das árbores. Os felinos soen cazar ao amencer.

Problemas: A selva do Amazonas cobre 7.000.000 km apesar de terse talado xa unha superficie coma Europa.


SELVA ECUATORIAL

Esta chea de árbores e animais e encontrase no ecuador.
O seu clima e calido e chuvioso e o seu relevo e chá ten duas estacións.
Os productores so as plantas sobre todo as secuoias.
Os consumidores primarios son os monos e paxaros.
Os carnívoros son serpes e jaguares tamen os ai acuáticos son as pirañas e caimans

O seu problema e a
Editado por Xian

AS PLANTAS CARNÍVORAS


Estas plantas son outro grupo ben diferenciado no mundo vexetal.

Obtén a maior parte das súas necesidades de alimento mediante a captura de animais, sendo os máis habituais insectos e artrópodos.

As plantas atraen e atrapan as súas presas, das que absorben os nutrientes que necesitan .
As plantas carnívoras encóntranse en lugares onde o chan é pobre, onde hai unha gran carencia de nitróxeno, normalmente en terras ácidas e pantanosas, ou rexións tropicais,polo que requiren un hábitat bastante húmido.
Editado por Rodrigo

lunes, 1 de febrero de 2010

LOUREIRO

Nome científico: Laurus nobilis

Nome común: loureiro,gamallo,laurel

Descripción :
Arbusto autóctono de folla perenne con flores da clase das anxiospermas.Tronco dereito,cortiza parda,grisacea e lisa.Copa baixa,cónica densa e dun verde moi escuro.

Follas : simples,puntiagudas e de cor verde escura.

Flores : unisexuais e brancas.Florece entre febreiro e abril.Polinización:automógama (por inxertos)
Froitos:vaga de 10-15 mm,ovoide e carnosa.

Sementes :unha por vaga diseminadas polas aves.

Orixinaria da rexión Mediterránea.

Habita en barrancos húmidos e umbrosos do litoral.Existe un bosquete na illa de Cortegada, única en Europa.

Aproveitamento :
  • Arbore ornamental.
  • Valor medicinal.
  • Alimento para varias especies.
  • Condimento.
  • A madeira utilizase en marquetería
  • O ramo de loureiro é símbolo de victoria,con el coroábase aos heroes e aos poetas.